martes, 2 de marzo de 2010

Obra do Demo


Hoube un tempo que me dixeches
co teu corazón me pertencia.
Hoube un tempo que me dixeches
que nada nos separaria.
Crein en ti...
Crein nas palabras que brotaran
dos teus beizos,
como fermosas rosas de bermello carmin.
Pero...
Non foi asin...
Sangraranme as mans,polas púas que as adornaban,
mentras os meus sentidos as recollian,
feliz por imaxinarme o ser mais querido do mundo.
Que desilusión.
Descobrin mais tarde,
que as promesas son como rosas,
canto mais grandes mais púas teñen.
Hoxe,eiqui,con este lápiz na man,
doume conta que foi obra do Demo.
Pero a miña alma é libre e o meu corazón tamén.
Estan abertos ás cousas mais sinxelas e mais inportantes da vida,
Ó cariño que non demonstraches.
Ó amor que non sentiches.
E ó respeito que non tuviches.
A vida non é mais que o reflexo das nosas decisións e atitudes.
Que non che pase unha factura demasiado grande.

No hay comentarios:

Publicar un comentario